Abre o túnel do viño da 70 edición da Festa do Albariño de Cambados
Abre o túnel do viño da 70 edición da Festa do Albariño de Cambados
A festa rematará o domingo, cando un concurso de cata premiará os tres mellores albariños
"Está un día perfecto".
Así de animados ían hoxe os que se achegaron á Festa do Albariño. A rúa da Calzada, onde se instalan as casetas, 42 de 44 bodegas este ano, é sen dúbida a zona que concentra máis visitantes, porque aquí do que se trata é de probar viños e comprárllelos directamente aos bodegueiros.
"Temos esta mesa aquí á sombra e xa van dúas botellas".
O barullo e o ambiente festivo do exterior contrasta coa tranquilidade do túnel do viño, inaugurado esta mañá. Aquí concéntranse os enólogos e máis expertos para catar con calma o albariño, e non só o branco, que ás veces esquecemos que hai máis.
"Hai tamén espumoso, tinto..."
"Aquí hai do mellor. E hai propostas moi interesantes"
A festa non remata ata o domingo en que un concurso de cata premiará os tres mellores albariños.