70 vehículos acuden á concentración de coches clásicos de Meaño
70 vehículos acuden á concentración de coches clásicos de Meaño
A cita incluíu unha ruta polo concello, visitas turísticas e unha comida
Participaron coches clásicos e outros máis recentes dos anos 80
En Meaño deixaron a un lado as baterías recargables e as pantallas táctiles e retrocederon no tempo unhas cuantas décadas. Fernando vén de Poio co seu 124.
"É un 1430 do ano ano 1969. Non está de serie. Está retocado, con pinas grandes, rodas anchas, un motor diferente...".
Na II Concentración de coches clásicos de Meaño mesturáronse coches clásicos como o Citroën DS con outros máis recentes como o Renault 5. Todos requiren cariño, dedicación e cartos. "Hai que ser coidadoso e saber algo de mecánica porque se dependes dun taller arruínaste", comenta un mozo.
Tamén hai casos con vínculos sentimentais. Carlos, do Grove, restaurou integramente un Seiscentos porque era o coche do pai e el conta deixarllo á súa filla.
Participantes de toda a provincia de Pontevedra
Manuel Lage, o organizador da concentración, conta que nesta segunda edición do evento participaron 70 coches, a maioría da zona das rías baixas, Vigo e Pontevedra. A cita incluíu unha ruta polo Concello, visitas turísticas e unha comida. O mes que vén está prevista a concentración de escaravellos.