Publicador de contidos
Publicador de contidos

700 euros o alugueiro dunha hamaca durante toda a tempada na praia de Silgar

700 euros o alugueiro dunha hamaca durante toda a tempada na praia de Silgar

A reserva dunha hamaca simple custa 6 euros por un día, e 18 se se alugar un par de hamacas con parasol

A empresa, que tamén xestiona as lanchas a pedais e os chiringuitos das praias de Silgar, Canelas e A Lanzada, di que os prezos se manteñen con respecto ao ano pasado

G24.gal 02/07/2024 20:52 Última actualización 02/07/2024 22:19

Hai espazo abondo para colocar a toalla, as cadeiras pregables e o parasol propio, pero por comodidade son moitos os que prefiren alugar as hamacas que unha empresa ten dispostas ao longo do areal. "Alugámolas porque pola miña idade non estou agora para cargar todos os días coas hamacas e non me podo tombar na area", di un turista. "Non estou xa agora andar para arriba e para abaixo coas cadeiras e o parasol", asegura outra muller sentada nunha das hamacas que ten alugada por toda a tempada.

Custa 6 euros ao día a hamaca simple, 18 euros o par con parasol, e hai tamén bonos por mes ou toda a tempada.

"O alugueiro por un mes completo son 360 euros. Se queres reservar por toda a temporada, son 700 euros. Pero a temporada enteira vai dende o 15 de maio ata o 15 de setembro, é dicir, catro meses", sinala Carlos Castaño, xerente da empresa que ten a concesión para o chiringuito, as lanchas a pedais e as hamacas nas praias de Silgar e Canelas e A lanzada.

A inflación non chegou a este nicho de mercado, xa que os prezos mantéñense con respecto á tempada pasada. Aínda así a zona sitúase entre as máis exclusivas. "É un pouco caro, si, porque vimos de Colombia e alá é todo un chisco máis barato", comenta unha turista.

"Por dúas hamacas e un parasol pago 18 euros todo o día. Un pouco caro, porque de onde eu veño, Melilla, alí as hamacas ponas o concello", apunta outra turista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade