90 edición do Naseiro, a romaría do Bo Xantar en Viveiro
90 edición do Naseiro, a romaría do Bo Xantar en Viveiro
Cinco días de romaría, comida, bebida, amizade e troula
12.000 metros cadrados nos que se instalan unhas 300 casetas, con plan de evacuación e plan de autoprotección. 4.500 persoas asentadas con mesa máis os milleiros de convidados que cada ano visitan o naseiro, un poboado efémero absolutamente montado para satisfacer os obxectivos do Naseiro: comer, beber e compartir.
Sofás, vertedoiros, cociñas ou neveiras. Aquí hai de todo.
Xuntarse con amigos e familiares, coa xente querida é o obxectivo.
Hai familias que levan repetindo dende hai décadas, Ibra levan vindo vender hai case 20 anos
A xente máis nova vai montando as súas propias casetas, independizadas das dos maiores. A música tamén é moi importante no Naseiro. Pero non só.
O Naseiro é unha das romarías máis senlleiras e antigas de Galicia. Para entendelo cómpre vivilo.