Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta anuncia unha OPE de 1.124 prazas para Administración xeral

A Xunta anuncia unha OPE de 1.124 prazas para Administración xeral

94 nutricionistas incorporaranse aos centros de saúde a próxima semana

G24.gal 22/12/2022 14:39 Última actualización 22/12/2022 21:23

O Consello da Xunta aprobou este xoves unha nova convocatoria de oferta de emprego público para a Administración Xeral de máis de mil prazas e a contratación de case cen nutricionistas para Atención Primaria. Estes profesionais incorporaranse a vindeira semana.

Áos 28 dietistas-nutricionistas que traballan nos hospitais públicos galegos van sumarse outros 94. A Xunta crea esta categoría para mellorar a atención aos doentes de diabetes, hipertensión, insuficiencia renal ou obesidade nos centros de saúde, segundo explicou o presidente, Alfonso Rueda, que engadiu que será o médico de cabeceira o que decida derivalos a estes especialistas.

O presidente tamén anunciou unha nova oferta pública de emprego para a Administración xeral da Xunta. Alfonso Rueda explicou que convocan o máximo permitido pola taxa de reposición. Son 1.124 prazas: 702 de acceso libre e 422 de promoción interna e convocatoria inmediata.

Tarxeta Benvida

Na súa reunión semanal, o Goberno galego aprobou ademais unha nova convocatoria da Tarxeta Benvida. Oito de cada dez familias que teñan un fillo no 2023 van recibir cen euros ao mes durante polo menos un ano para comprar alimentos infantís, cueiros, roupa ou berces.

A axuda duplicarase no caso das familias numerosas, e aumentará nun 25 % para as que vivan no rural. A Xunta dedicará a esta medida 31 millóns e medio de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade