Cargando resultados...
O encarecemento da enerxía dificulta o pago de créditos dos fogares máis vulnerables
O encarecemento da enerxía dificulta o pago de créditos dos fogares máis vulnerables
94.000 millóns de euros en créditos, a un paso da morosidade
O Banco de España alerta da fin das axudas ás empresas
Antón Montero
27/04/2022 20:20
O Banco de España alerta de que a suba dos prezos da enerxía podería dificultar a devolución dos créditos nos fogares con rendas baixas.
No seu último informe sobre estabilidade financeira, o supervisor tamén advirte dos efectos negativos que terá a fin da carencia dos empréstitos do ICO, unha das medidas aprobadas durante a pandemia e que caduca despois do verán.
O Banco de España estima que 94.000 millóns de euros en créditos a fogares e empresas están a un paso de entrar na categoría de morosos.