Publicador de contidos
Publicador de contidos

A abstención do PP permite ao PSOE sacar adiante a lei do audiovisual

A abstención do PP permite ao PSOE sacar adiante a lei do audiovisual

As produtoras independentes españolas cren que será a súa sentenza de morte

G24.gal 26/05/2022 20:34 Última actualización 26/05/2022 21:12

O Goberno sacou adiante a lei do audiovisual grazas á abstención do Partido Popular. A norma é un proxecto do PSOE que o enfrontou cos seus socios de Unidas Podemos e con boa parte dos grupos parlamentarios.

A deputada de Unidas Podemos Sofía Fernández asegurou no debate que apoiaban a defensa de lei no pleno por "fidelidade", pero ao final abstivéronse ao atoparlle "moitas carencias en materia laboral", ademais de botar en falta un xesto cara ás mulleres.

Está cuestionada tamén polas produtoras de cine independentes, que a consideran unha sentenza de morte para as pequenas produtoras españolas. Segundo estas, a norma equipáraas con empresas vinculadas ás grandes corporacións, e levan toda a semana facendo unha campaña na que mesmo pediron amparo ao presidente do Goberno Pedro Sánchez.

En declaracións nos corredores do Congreso, a vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital Nadia Calviño destacou que a lei "supón un impulso moi importante para o sector audiovisual" e insistiu en que protexerá os produtores independentes.

"É moi difícil lograr o adecuado equilibrio. Creo que o conseguimos, para impulsar a industria audiovisual e protexer os produtores independentes, cuxo apoio vai multiplicarse por catro ou cinco veces en relación ao que tiñamos anteriormente", apuntou Calviño sobre o proxecto de lei que foi impulsado polo seu ministerio.

Ademais, a lei supón obrigar as televisións e grandes plataformas a destinar o 3,5 % dos seus ingresos en España a producións nacionais, e delas, o 15 % a catalán, galego e éuscaro.

O Bloque Nacionalista Galego rexeita a lei do audiovisual porque ao seu xuízo non garante a presenza de todas as linguas oficiais do Estado, entre elas, o galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade