Publicador de contidos
Publicador de contidos

A actividade da industria forestal galega retraeuse en 2023

A actividade da industria forestal galega retraeuse en 2023

Así e todo, o sector prevé facturar máis 2500 millóns de euros ao remate do ano

A Xunta cifra en 43.000 millóns de euros a riqueza do bosque galego 

 

 

G24.gal 13/12/2023 14:49

Despois de dous anos excepcionais en cortas e facturación, a actividade da industria forestal descende en 2023. A conxuntura dos mercados internacionais explica a freada.

"Cremos que pode ser pola baixada de prezos e polo tema da inflación e os tipos de xuro que retraen a construción e unha serie de consumos que acaban afectando á cadea da madeira. Houbo unha retracción da actividade, aínda que parece que no último trimestre se está recuperando máis", explica Juan Picos, director da Escola de Enxeñaría Forestal de Vigo.

Así e todo, Galicia segue a cortar a metade da madeira de España e o sector prevé facturar máis de 2.500 millóns de euros ao remate do ano. O principal desafío está en pechar o ciclo industrial en Galicia e sacar o mellor partido do extraordinario valor do monte.

"Temos o recurso e o produto, a Xunta traballa da man do sector forestal no seu plan estratéxico para asumir o reto de valorizar o máximo posible o bosque galego. Segundo calculamos, este recurso supón unha riqueza de 43.000 millóns de euros", engade o Conselleiro do Medio Rural, José González.

A plan estratéxico, en fase de redacción, daralle pulo a un sector que aglutina tres mil empresas, dá emprego directo a 25.000 persoas e representa o 1.9 do PIB galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos