Publicador de contidos
Publicador de contidos

A actividade do volcán da Palma vai a menos pero segue a ser perigosa

A actividade do volcán da Palma vai a menos pero segue a ser perigosa

O principal problema agora son os gases da erupción

A vida recupera o terreo destruido polo volcán
G24.gal 11/12/2021 20:57

Xornalistas e científicos penetraron na zona de exclusión ata chegar a Tacande, un dos primeiros lugares desaloxados tras a erupción volcánica. A lava levantou aquí muros de varios metros de altura.

O grupo achegouse ata onde o permiten os gases, que son agora mesmo o principal perigo do volcán de Cumbre Vieja, segundo aseguran todos os científicos que vixían a zona.

O volcán segue sendo perigoso

Mentres os viaxeiros se achegaban todo o que podían ao centro da erupción, as autoridades confirmaban que a actividade volcánica está indo a menos, pero que mentres haxa movemento de fluídos e emisións de dióxido de xofre o Cumbre Vieja segue vivo... e perigoso.

A erupción máis longa da historia recente

84 días despois da erupción, con máis de 3000 edificacións destruídas, a vida recupera o seu lugar incluso nas zonas máis arrasadas polo volcán na illa da Palma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade