Cargando resultados...
A actividade en Cumbre Vieja segue esgotándose e podería darse por rematada o sábado
A actividade en Cumbre Vieja segue esgotándose e podería darse por rematada o sábado
Segundo o comité científico do organismo canario, no interior das coadas máis espesas segue habendo zonas quentes que se están arrefriando
G24.gal
23/12/2021 08:24
A erupción do volcán de Cumbre Vieja darase oficialmente por finalizada se nos próximos dous días se manteñen invariables os datos de actividade.
A voceira do Pevolca dixo que o único dato significativo que persiste en Cumbre Vieja é a deformación local iniciada hai cinco días.
Segundo o comité científico do organismo canario, no interior das coadas máis espesas segue habendo zonas quentes que se están arrefriando, o tremor está a nivel de ruído de fondo e a sismicidade e a emisión de dióxido de xofre mantéñense en niveis baixos.