A activista Olivia Mandle súmase á limpeza dos fondos mariños da Coruña
A activista Olivia Mandle súmase á limpeza dos fondos mariños da Coruña
Con dezasete anos, é unha das voces que soa con máis forza na defensa dos océanos
Ten só dezasete anos, pero xa é unha das voces que soan con máis forza na defensa dos océanos e dos animais mariños. A activista Olivia Mandle na Coruña para participar nun dos coloquios do festival Mar de Mares e foi voluntaria máis na limpeza dos fondos mariños do porto coruñés.
Olivia fía con naturalidade un discurso inspirador e optimista, convencida de que entre todos aínda podemos virar o rumbo.
"Todos podemos ser activistas, desde o noso metro cadrado coas nosas propias decisións. Non fai falla empezar por algo moi grande. Simplemente hai que coller o que nos move e loitar por conseguilo".
Soña con crear un santuario mariño na Costa Brava para achegar á liberdade os cetáceos que viviron en catividade. Confía na determinación da xente nova, que merece ser escoitada porque "estamos propoñendo solucións, solucións que ademais son viables", afirma.
Olivia é a voz dunha xeración que medrou escoitando falar da crise climática e que quere ser parte activa do cambio.