Sexto día de traballos de limpeza e desentullo de vivendas e rúas
Sexto día de traballos de limpeza e desentullo de vivendas e rúas
Nas rúas amoréanse útiles estragados
Os afectados achican sen descanso auga e barro
O interior de miles de vivendas quedou totalmente arrasado e toca desfacerse de todos os obxectos estragados pola auga e o barro. Nas rúas amoréanse os cascallos de mobles e electrodomésticos que pouco a pouco se van trasladando a outros puntos.
Con caldeiros e cadeas humanas tratan de achicar a auga e a lama, na rúa hai un ir e vir incansable de cepillos que se coordinan para a limpeza e os sumidoiros non funcionan.
Tampouco falta o traballo da maquinaria pesada. Tractores e pas escavadoras arrastran vehículos que aínda taponan rúas.
"Necesitamos organización, que veña máis maquinaria e que limpen as rúas para poder inicial calquera servizo mínimo", sinala a alcaldesa de Paiporta María Isabel Albalat.
Para os traballos en espazos soterrados son os bombeiros os que se encargan dos labores de achique e revisión dos garaxes.