Cargando resultados...
A actriz Verónica Forqué recibe o premio Cineuropa en Santiago
A actriz Verónica Forqué recibe o premio Cineuropa en Santiago
O festival de cine compostelán recoñece a súa traxectoria profesional
Verónica Forqué interpretou case un cento de personaxes en cinema, teatro e televisión
Beatriz Moyano
16/11/2021 21:25
A actriz Verónica Forqué, filla de director de cine e de escritora, tivo clara a súa vocación desde moi nova. A súa traxectoria profesional compila case un cento de personaxes en cinema, teatro e televisión. Este martes recibe en Santiago o premio Cineuropa.
O festival de cine compostelán quere recoñecer a traxectoria dunha das actrices máis premiadas do cinema español. No certame proxectouse Kika, de Pedro Almodóvar, filme co que gañou un Goya.
Na homenaxe agradeceu o premio ao festival e tivo unhas palabras de recordo para o seu avó, galego emigrado na Arxentina.