Cargando resultados...
A AEMET prognostica máis calor e menos choiva para o outono
A AEMET prognostica máis calor e menos choiva para o outono
En canto ao pasado verán, di que foi o sexto máis cálido e o sexto máis chuvioso do século XXI en España
2024 está sendo o segundo ano máis cálido da serie histórica, superado só por 2022
G24.gal
24/09/2024 14:53
A AEMET avanza que este será un outono con máis calor en toda España, especialmente no sur da península e nos arquipélagos, e con menos chuvia do habitual no oeste e nas illas Canarias.
En canto ao pasado verán, di que foi o sexto máis cálido e o sexto máis chuvioso do século XXI en España. Rexistrou a segunda onda máis longa de calor. Durou 23 días.
Desde o un de xaneiro ata hoxe, este 2024 está sendo o segundo ano máis cálido da serie histórica, superado só por 2022.