A alcaldesa de Maracena rexeita ter relación co secuestro da concelleira de urbanismo
A alcaldesa de Maracena rexeita ter relación co secuestro da concelleira de urbanismo
O Tribunal Superior de xustiza de Andalucía decidirá se investiga o número dous do PSOE na comunidade
O secuestro produciuse o pasado mes de febreiro. O Xulgado número 5 de Granada, que investiga os feitos, enviou a prisión a exparella da alcaldesa como suposto responsable de meter no maleteiro dun coche a concelleira de urbanismo de Maracena.
A alcaldesa, Berta Linares, comparecía daquela ante a prensa. Substituíu no cargo a Noel López, número dous do partido en Andalucía. Agora di que non ten nada que ver co secuestro de Vanessa Romero. "Non hai nin un indicio nin unha proba que nos incrimine a ningún".
O levantamento do segredo de sumario permitiu coñecer que a declaración deste home implica nos feitos estes cargos do PSOE. Desde O partido Popular esixen responsablidades. "O número dous do Partido Socialista en Andalucía foi imputado por un caso de secuestro a punta de pistola", dixo Alberto Núñez Feijóo.
Os investigadores cren que detrás do suceso pode haber un caso corrupción urbanística.