A aldea da Mioteira, destino turístico no Nadal
A aldea da Mioteira, destino turístico no Nadal
Levan catro anos consecutivos desde a pandemia decorando as súas casas para atraer visitantes
Situada ao carón do polígono industrial de San Cibrao, esta pequena aldea compite polo recoñecemento á mellor iluminación de Nadal
A aldea da Mioteira en San Cibrao das Viñas é probablemente a aldea de Galicia onde hai máis casas decoradas en menos espazo, e non só as casas, aquí os veciños uníronse para que a súa aldea brille este nadal con luz propia.
É unha aldea pequena de pouco máis de 50 veciños pero para eles o Nadal festéxase ao grande.Milleiros de luces e figuras adornan esta aldea, converténdoa xa en lugar de visita obrigada este Nadal. Non falta detalle, e as luces mestúranse coa música creando un ambiente ideal como destino de Nadal
A pista que cruza a Mioteira converteuse nun paseo que atrae centos de visitantes todas as noites para ver como os veciños do lugar decoraron as vivendas.
Foi un traballo moi duro, pero que se está a ver recompensado pola curiosidade que esperta a iluminación, que atrae xente de todos os recunchos
É o cuarto ano que decoran as casas na Mioteira e o éxito está a ser total. Os visitantes aproveitan a ponte festiva para comprobar o repregamento técnico e imaxinativo dos veciños deste lugar.
Ata mediados de xaneiro non recollerán a súa xa famosa decoración de Nadal.