Publicador de contidos
Publicador de contidos

A aldea de Toro engalánase con fíos de cores tecidos a gancho

A aldea de Toro engalánase con fíos de cores tecidos a gancho

A veciñanza da aldea de Laza estrea este ano a súa particular decoración de Nadal, todos os adornos, as árbores e as figuras e tamén as roupas do nacemento foron elaborados a man polas veciñas e os veciños

Un traballo feito en equipo que din que simboliza a unión e o amor que teñen pola súa localidade

Máis de 40 mulleres estiveron tecendo a gancho as pezas para as diferentes decoracións

Todos os adornos e figuras foron feitos á man pola veciñanza
G24.gal 21/12/2023 22:07 Última actualización 22/12/2023 09:22

Na aldea de Toro en Laza este ano estrean a súa propia decoración de Nadal. Desde hai un ano comezaron a tecer a gancho o que hoxe é o súa árbore de catro metros de altura, e tamén fixeron as roupas para o nacemento. Todas as figuras están feitas a man, un traballo en que colaboraron todos os veciños e as veciñas e o resultado é unha decoración chea de cor. 

Como fixo Josefa, cadrado a cadrado tecidos coa agulla a gancho e con máis dun cento de madeixas de fío as mulleres de Toro elaboraron a súa árbore de Nadal e as coloridas roupas do seu nacemento.

Pero os homes tamén colaboraron. Un dos veciños foi o encargado de tallar estas últimas semanas todas as figuras de madeira.

A idea xurdiu da asociación veciñal e cultural O Fiadeiro da Nosa Aldea, e despois dos Reis do ano pasado comezaron a traballar en equipo para facer todos os adornos e ata os chourizos da castañeira son de fío. 

Orgullosos do seu traballo en equipo desde as montañas de Laza deséxanlles: "Desde Toro, bo Nadal!".

E xa están pensando en ampliar os elementos para a decoración do Nadal do vindeiro ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar