Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ano con máis peregrinos da historia resiste coa mesma afluencia en pleno outono

O ano con máis peregrinos da historia resiste coa mesma afluencia en pleno outono

A finais de setembro xa se superaran os 350.000 peregrinos

G24.gal 12/10/2022 14:30

Paso a  paso, verso a verso, van selando as credenciais e sumando ás estatísticas. Aparecen en ruta, detrás de cada curva e en cada cambio de rasante. Son sensibles ao aroma co café quente e aficionados á conversa. 

En grupos de diferente clase e configuración, tras centos de quilómetros e moi pouco peso de soidade na sola dos zapatos. Os peregrinos decláranse amantes da súa ruta e din que engaiolan as paisaxes, a tranquilidade e as experiencias persoais.

Tras un ano de marcas consecutivas, setembro rematou con 350.000 credenciais seladas, e a hoxe 12 de outubro mantense unha afluencia equivalente á dos meses do verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade