Cargando resultados...
A Anthony Polite gustaríalle seguir no Breogán
A Anthony Polite gustaríalle seguir no Breogán
Polite: "Estou moi ben aquí en Lugo, pero teño que falar co meu axente e veremos o que pasa"
G24.gal
14/05/2024 15:35
Última actualización 14/05/2024 15:41
Seguen gozando no Río Breogán da permanencia máis dura na ACB. Pola igualdade e por todo o que sucedeu nunha temporada de película. Polite foi dos destacados nas últimas semanas.
"Foi unha temporada difícil, como todo na vida, pero o importante é que acabou ben".
O escolta estadounidense foi de menos a máis, condicionado por unha lesión, e resultou determinante na salvación. Polo traballo defensivo e polos números en ataque. Particularmente en Granada onde meteu 21 puntos. Polite, que chegou da Bundesliga, está pendente de seguir en Lugo.
"Estou moi ben aquí en Lugo, pero teño que falar co meu axente e veremos o que pasa".