A AP-9 e a A-52 están entre as vías peor valoradas de España, segundo a OCU
A AP-9 e a A-52 están entre as vías peor valoradas de España, segundo a OCU
As persoas usuarias quéixanse sobre todo do mal estado da calzada e das obras
A AP-9 e a A-52 están entre as seis autoestradas e autovías peor valoradas de España. Forman parte da lista que elaborou a Organización de Consumidores, despois de preguntarlles os usuarios se estaban satisfeitos co estado das vías que usan habitualmente.
Preto de 1.300 condutores avaliaron a nivel estatal aspectos como a calidade do asfalto, o nivel de conxestión, o deseño de entradas e saídas, a sinalización ou as obras.
As súas respostas deixaron a A-52 como a terceira autovía peor avaliada de España, despois da que une Sevilla e Portugal e da autovía do Mediterráneo, entre Alxeciras e Almería.
Danlle un 6,1 de media. Aproba... pero con marxe de mellora. Quéixanse das obras, do mal estado da calzada e da falta de gardarraís e áreas de servizo. Moito máis no anexo que ten coa A-55 desde O Porriño ata Vigo, sinuosa e perigosa.
Coa mesma nota entra na lista a AP-9, na súa totalidade, desde Ferrol ata a fronteira portuguesa, lastrada polo mal estado da calzada e os treitos en obras, segundo os usuarios.
Por baixo da AP-9, con menos dun seis, quedan a autoestrada do Cantábrico, Irún-Bilbao e a do Norte, de Vitoria a Irún.