Publicador de contidos
Publicador de contidos

A app galega Orcinus, de localización de candorcas, xa ten 2.700 usuarios

A app galega Orcinus, de localización de candorcas, xa ten 2.700 usuarios

Portos de Galicia promoveu esta aplicación móbil para que os propios navegantes marquen os avistamentos de candorcas

Marcaron 150 avistamentos este ano, todos aínda ao sur de Lisboa

G24.gal 07/06/2023 14:36

Nos últimos tres anos van facéndose frecuentes tanto os avistamentos como as interaccións de candorcas con embarcacións. Para evitar riscos, Portos de Galicia promoveu a creación de Orcinus, unha aplicación móbil de localización de exemplares. Lanzárona en xaneiro, e xa ten máis de 2.700 usuarios de 40 países. 

Funciona coma outras aplicacións móbiles colaborativas, e neste caso nútrese das contribucións da comunidade de navegantes. Calquera que aviste candorcas pode subir a Orcinus a foto e a localización para informar da súa presenza a outras embarcacións. 

As candorcas chegan a Galicia tras do atún vermello, que migra do Mediterráneo ao Atlántico Norte. A aplicación Orcinus xa ten avistamentos rexistrados este ano, pero aínda lonxe de Galicia. "Están rexistradas 150 interaccións na aplicación", explica Susana Lenguas, presidenta de Portos de Galicia. "Todas ao sur de Lisboa, de momento non temos ningunha aquí", engade.

Ter as candorcas localizadas permite minimizar os encontros coas embarcacións e, xa que logo, evitar algún percance se interactúan. Pero ademais a Orcinus serve de base de datos para mellorar o coñecemento científico sobre as pautas de comportamento destes grandes cetáceos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade