Publicador de contidos
Publicador de contidos

Crean unha aplicación para conectar os peregrinos cos produtores locais

Crean unha aplicación para conectar os peregrinos cos produtores locais

O proxectos de Camiño de Europa céntrase no Camiño Francés

Buscan mellorar a experiencia dos peregrinos e revitalizar a economía local dos diversos municipios

G24.gal 12/09/2024 14:13

No século IX nacía o Camiño de Santiago e a tradición pervive á par que se vai adaptando aos tempos. Agora o proxecto Camiño de Europa busca mellorar a experiencia dos viaxeiros poñéndoos en contacto coa cultura, a gastronomía ou as tradicións locais.

"Introducir as novas tecnoloxías no camiño pero sempre mantendo a esencia como itinerario cultural", sinala Reyes Abella, responsable da área do Camiño de Santiago en Sarria.

"Aproveitamos para que o peregrino, a través das novas tecnoloxías, contacte coa xente do lugar", relata Alfredo Álvarez, presidente da Asociación Cultural Calle Mayor de Europa.

Poñen en marcha unha aplicación móbil na que os peregrinos poder organizar as rutas, contratar experiencias propias de cada zona e mesmo comprar a artesáns locais e recibir os produtos na súa casa.

"Queremos poñer en contacto os peregrinos cos produtores locais", conta Olga Iglesias, presidenta da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés.

"Poder explicarlles aos peregrinos o que facemos, a nosa cultura, e que vexan o que se fai en cada municipio", di Óscar Moreno da empresa Cárnicas Teijeiro, que participa no proxecto.

Unha app para viaxeiros curiosos que enriquece a experiencia dos peregrinos ao tempo que revitaliza a economía local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade