Publicador de contidos
Publicador de contidos

Advirten os peregrinos dos perigos que corren por mor da alta velocidade das bicicletas á altura de Baiona

Advirten os peregrinos dos perigos que corren por mor da alta velocidade das bicicletas á altura de Baiona

G24.gal 15/10/2024 13:49

Na estrada que une os concellos de Baiona e da Guarda apareceron varias pintadas na curva que hai á altura de Cabo Silleiro. Advirten os peregrinos da perigosidade da zona e acusan os ciclistas de non respectar os límites de velocidade. Segundo algúns veciños da zona esta é unha conduta habitual que pon en serio risco a integridade dos peregrinos cos que comparten o carril bici. 

Porén, os camiñantes non senten a inseguridade da que falan os autores das pintadas. Pensan que o espazo e suficiente, que o carril é seguro e que a convivencia entre eles non é un problema. 

O certo é que peregrinos e ciclistas comparten este carril de xeito especial na fin de semana. Todos apelan ao respecto, á educación e á precaución. A fórmula máxica para poder convivir e gozar dun mesmo espazo. 

Precisamente a construción do carril bici na estrada entre Baiona e A Guarda tivo como obxectivo evitar os graves accidentes con vehículos e bicicletas implicados que se rexistraban habitualmente nesta zona.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade