A unidade Cóndor, os novos gardiáns dos camiños
A unidade Cóndor, os novos gardiáns dos camiños
Chegan onde outros non poden, así que son un complemento importante para outros servizos de emerxencias
Voluntarios de Protección Civil de Santiago que van en bicicleta e fan de gardiáns dos camiños. Chámanse unidade Cóndor e atenden todo tipo de emerxencias.
Axudan cando as necesidades son de saúde. Imaxinamos, por exemplo, que atopan a Xosé, un camiñante que parece precisar atención.
Achéganse para comprobalo e, se é así, dan aviso aos servizos de emerxencia sanitarios. Pero, mentres chegan, a unidade Cóndor vai preparada para darlle os primeiros auxilios. Por sorte, nunca tiveron casos graves.
Van preparados e chegan onde outros non poden, así que son un complemento importante para outros servizos de emerxencias.
E son, ademais, equipos de atención libres de fumes e de ruídos, que promoven hábitos saudables.