A área de Vigo bate marca histórica de contaxios e chega ás 6.190 infeccións activas
A área de Vigo bate marca histórica de contaxios e chega ás 6.190 infeccións activas
Continúan as ringleiras de xente para facer probas PCR no punto móbil do Náutico e nos autocovid dos hospitais
A maior interacción social dos últimos meses e a nova variante ómicron non dan respiro a área sanitaria de Vigo, que este venres bate nova marca histórica desde que comezou a pandemia, con 603 contaxios novos nas últimas 24 horas. Vigo chega á Noiteboa cunha situación delicada onde todos intentamos previr.
Tamén nos autocovid dos hospitais o goteo de persoas para facer unha proba diagnóstica é constante. Estes días no hospital Álvaro Cunqueiro están a realizar unha media de 1.600 PCR ao día.
A de Vigo é a área con máis contaxios, en total hai 6.190 persoas coa enfermidade, un de cada tres positivos en Galicia pertence a esta área.
Con 86 ingresos dos que 17 están na UCI a situación nos hospitais aínda están lonxe dos peores momentos da pandemia cando o pasado mes de xaneiro se acadaron os 200 ingresos.