Publicador de contidos
Publicador de contidos

A área de Vigo está xa por riba das 500 infeccións diarias

A área de Vigo está xa por riba das 500 infeccións diarias

Os casos activos superan por primeira vez a barreira dos 5.000

O Porriño segue en risco alto con 1.408 de incidencia acumulada

G24.gal 20/12/2021 14:44

No Porriño respírase preocupación e pouco ánimo entre a poboación, a máis afectada por esta sexta onda da pandemia na área de Vigo.

 "Non hai vida, está isto moi apagado, non tes ganas de saír"

 "Pouco ambiente, eu supoño que hai moita xente confinada"

 "Eu falo moito aquí con estas dos negocios e está moi parado", comentan unhas veciñas de Porriño

 "Hai xente que ten previsión de vir aos negocios pero resulta que finalmente está confinada entón chámante para que lles organices os agasallos para vir a recollelos máis tarde, intentamos un pouco facilitarlles a vida aos clientes, non?", explica unha dependenta dun comercio.

O Porriño é o concello coa maior incidencia da área de Vigo. Dos 283 casos activos, 151 son desta última semana.

 "A xente está preocupada porque eu ademais traballo nunha farmacia aquí e cada persoa que entra á farmacia pois pregunta se tes test? Levo dous... sobre todo para as ceas que veñen agora para estar máis seguros", comenta unha farmacéutica.

Hoxe é un día de récord na área sanitaria de Vigo. Nunca antes se rexistraran máis de 500 contaxios nun só día e nunca antes a suma de todos os casos activos superara a barreira dos 5.000. Van xa polos 5.211. Menos mal que as hospitalizacións baixaron un pouco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar