Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Arousa experimenta con mexilla de criadoiro

A Arousa experimenta con mexilla de criadoiro

O Centro de Investigacións mariñas e o sector buscan alternativas á cría salvaxe

G24.gal 04/01/2023 19:11 Última actualización 04/01/2023 20:39

O bateeiro da Illa de Arousa Nuevo Tayla vai esta mañá a un traballo pouco habitual. Leva un equipo do Centro de Investigacións Mariñas cunhas teas en que se fixou semente de mexillón obtida en criadoiro, e vanas encordar como se fose mexilla salvaxe.

Son 14.000 unidades de mexilla, con 50 días na hachery e xa grandiña, aínda que apenas se perciban á vista.

Un dos obxectivos dos investigadores é que os profesionais non teñan que variar en nada o seu sistema tradicional de traballo. Isto estase a facer xa en dez bateas e as que levan máis tempo mostran resultados esperanzadores.

A obtención e fixación da mexilla en teas desenvólvese no pequeno criadoiro do CIMA, en Vilanova, e forma parte dunha serie de iniciativas para que a dependencia da semente natural non sexa tan grande como ata agora. Sábese facer semente en criadeiro, iso está asegurado.

Agora do que se trata é de conseguir que sexa unha alternativa rendible economicamente para o sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade