A Audiencia de Madrid permítelle a Peinado investigar a Begoña Gómez por novos delitos
A Audiencia de Madrid permítelle a Peinado investigar a Begoña Gómez por novos delitos
Juan Carlos Peinado poderá decidir se investiga a Begoña Gómez por apropiación indebida do software da Complutense
Os maxistrados rexeitan os argumentos da Fiscalía, que pedían que esta nova liña de investigación recaera nun xulgado distinto ao de Peinado
O caso Begoña Gómez podería tomar un novo rumbo. A Audiencia de Madrid dá vía libre para imputar novos delitos á muller do presidente do Goberno.
Permítelle ao xuíz Peinado aceptar a querela presentada por Hazte Oír en que a acusa de apropiación indebida do software da Universidade Complutense. E faino en contra do criterio da Fiscalía. Os maxistrados aseguran que existe relación entre os feitos que xa están a ser investigados e os da querela sobre este asunto.
O maxistrado xa a investiga por presunta corrupción nos negocios e tráfico de influencias.
Nesta causa tamén están imputados o reitor da Complutense, Joaquin Goyache, e o empresario Juan Carlos Barrabés.
A decisión chega a poucos días de que a Audiencia Provincial teña que resolver outros recursos.
O próximo luns decidirá se arquiva ou acouta esta investigación, tal e como solicita a defensa de Begoña Gómez e a Fiscalía.