A AIReF advirte de que a reforma das pensións elevará o déficit
A AIReF advirte de que a reforma das pensións elevará o déficit
Pedro Sánchez di que terá en conta o informe da Auroridade Independete de Responsabilidade Fiscal, pero defende a reforma
A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal cuestiona a reforma das pensións. Asegura que non garante a sostibilidade do sistema. Advirte tamén de que a reforma pactada entre o Goberno e os sindicatos vai disparar o gasto público nos próximos 25 anos.
Suporá tamén un aumento do déficit das contas públicas por riba do oito por cento do PIB e a débeda pública roldará o 190 por cento. O gasto en pensións comezaría a acelerarase especialmente a partir de 2035 e iría máis alá do 16 por cento do PIB. A AIReF mantén tamén que as medidas aprobadas polo Goberno para aumentar os ingresos non compensarán o aumento do gasto.
A AIReF, entidade que no seu momento presidiu José Luis Escrivá, dá un toque ao Goberno: a reforma non garante a sostibilidade do sistema. Sánchez asegura que lera o infome, pero defende a refoma. O mesmo que fixo Ione Belarra.
A AIReF, como antes fixeron o BBVA ou Fedea, custiona a reforma hoxe en España. Onte fíxoo Núñez Feijóo en Bruxelas. Dende o Partido Popular, Borja Sémper acusaba ao Goberno de actuar de forma frívola co asunto das pensións. E pide que sexa no Pacto de Toledo onde se aborde a sostibilidiade das pensións