Publicador de contidos
Publicador de contidos

A avaría técnica de Renfe na Coruña deixa doce trens suprimidos e máis de trinta afectados

A avaría técnica de Renfe na Coruña deixa doce trens suprimidos e máis de trinta afectados

O administrador agarda liquidar de maneira definitiva a avaría ao longo da noite

Unha avaría causa atrasos xeneralizados na rede ferroviaria galega

G24.gal 11/01/2024 20:21 Última actualización 11/01/2024 21:45

Segundo informou Adif, a avaría que provocou decenas de atrasos e cancelacións en diversos servizos desde primeira hora da mañá deste xoves quedou reparada "provisionalmente".

Nun comunicado emitido na tardiña do xoves, o administrador ferroviario indica que a avaría nas instalacións provocou "fortes atrasos" nas rotacións de material e afectou a 38 trens de media distancia, doce deles suprimidos parcialmente.

Esta incidencia causou problemas tamén en cinco trens de longa distancia, dous deles cancelados de forma parcial. Dous trens de mercadorías tamén tiveron que ser cancelados debido ao fallo eléctrico na terminal que obrigou a suspender tanto a entrada como a saída de trens dende primeira hora da mañá.

A partir das 10:15 horas establecéronse itinerarios provisionais, segundo sinala Adif, en dúas vías da estación, tentando retomar a circulación "con limitacións" que tamén se adoptaron na capacidade da estación. O administrador agarda liquidar de maneira definitiva a avaría ao longo da noite, durante o período de mantemento nocturno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade