Publicador de contidos
Publicador de contidos

A aventura do Rácing Vilalbés na Segunda Federación remata en Pontevedra

A aventura do Rácing Vilalbés na Segunda Federación remata en Pontevedra

Precisaba gañar o partido, pero impúxose o equipo local cun tanto de Toño Calvo

G24.gal 05/05/2024 14:21

O Rácing Vilalbés certificou o seu descenso á Terceira Federación. Precisaba gañar en Pasarón e agardar pola derrota de Marino de Luanco ou Ximnástica de Torrelavega e non se deu ningún dos tres resultados. O gol de Toño Calvo no minuto 13 do primeiro tempo valeulle a un cadro granate que o luns coñecerá o seu rival na fase de ascenso á Primeira RFEF.

Reservou moitos titulares o equipo de Yago Iglesias pero aínda así saiu a mandar no partido. Gueyé avisou e foi Toño Calvo o que marcou o gol que decidiu o partido. Antes do descanso Rufo gozou de boas ocasións para poñer o segundo. 

O Rácing puxo máis ambición na segunda metade pero faltoulle acerto, ao igual que durante toda a temporada. Puido sentenciar o Pontevedra e os chairegos gozaron dalgunha para igualar, sobre todo un remate de Pablo Rey que ía á rede e sacou o seu propio compañeiro Nicholas. 

Para o Vilalbés quedará para sempre unha gran primeira volta pero unha segunda metade de campionato no que se lle fixo demasiado a categoría. Aguantou ata a última xornada pero acabou caendo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos