Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Axencia de Protección de Datos investiga a empresa do ChatGPT por posible incumprimento da normativa

A Axencia de Protección de Datos investiga a empresa do ChatGPT por posible incumprimento da normativa

Consideran que os "tratamentos globais poden ter un importante impacto sobre os dereitos das persoas e requiren de accións harmonizadas e coordinadas no ámbito europeo"

G24.gal 13/04/2023 21:58

A Axencia Española de Protección de Datos iniciou de oficio actuacións previas de investigación á empresa estadounidense OpenAI, propietaria do servizo ChatGPT, por un posible incumprimento da normativa, segundo informou a AEPD.  

A semana pasada, a Axencia solicitou ao Comité Europeo de Protección de Datos incluir o servizo ChatGPT como tema para a súa xuntanza plenaria, ao considerar que os "tratamentos globais que poden ter un importante impacto sobre os dereitos das persoas requiren de accións harmonizadas e coordinadas no ámbito europeo en aplicación do Regulamento Xeral de Protección de Datos".  

O Comité decidiu no Plenario celebrado este xoves lanzar un grupo de traballo para fomentar a cooperación e intercambiar información sobre as accións levadas a cabo polas autoridades de protección de datos.  

Co inicio da investigación en España e a participación no grupo de traballo europeo, a AEPD actúa en paralelo no marco das súas potestades e competencias como autoridade nacional de supervisión e control, ademais da coordinación coas homólogas europeas a través do Comité.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade