A Axencia Tributaria intensifica o control sobre o uso de sociedades para pagar menos impostos
A Axencia Tributaria intensifica o control sobre o uso de sociedades para pagar menos impostos
O aumento das inspeccións está recollido dentro do Plan de control tributario de 2023
É un xeito de reducir a factura fiscal coñecida por casos concretos de artistas, deportistas ou músicos que acabaron saldando as contas coa Axencia Tributaria. Con todo, esta práctica non sempre agocha unha ilegalidade.
"A fraude consiste en facturar ao 25 % na sociedade sen levar as retribucións ao socio. Nese caso tributaríase ao 50 %. Cando operas a través dunha sociedade e os rendementos se incorporan a través de soldos non hai fraude", explica Alberto Fernández, asesor fiscal.
O Plan de control tributario que o Ministerio de Facenda puxo en marcha neste 2023 está intensificando o control destas operacións. Un aumento dos expedientes que están notando as asesorías fiscais.
"Estase controlando que nestas sociedades patrimoniais non se faga unha dedución de gastos que son de uso e goce particular", di Fernández.
Os expertos advirten das consecuencias no caso de existir unha fraude a Facenda. Ademais de aboar a diferencia correspondente, a multa asociada pode multiplicar por dous a contía dos cartos defraudados.