Publicador de contidos
Publicador de contidos

A axuda internacional chega a unha Libia devastada

A axuda internacional chega a unha Libia devastada

O bombeiro galego Miguel Montero está en Derna buscando persoas entre os cascallos

A cidade, epicentro da traxedia, quedou anegada pola rotura de dúas presas

Diversas voces dentro do país piden que se investigue que ocorreu

Agora fálase de case sete mil mortos e dez mil desaparecidos

G24.gal 14/09/2023 20:47

Os cadáveres amoréanse nas rúas de Derna, devastada polo ciclón Daniel. O alcalde chegou a falar de que pode haber só aquí vinte mil mortos. Os equipos de rescate internacionais tardaron en chegar polo colapso das infraestruturas e as comunicacións. Pero xa están aí, traballando contra o reloxo. Entre eles, os da oenegué IAE, con quen chegou a Derna Miguel Montero, bombeiro do GES de Muros. 

O voluntario galego explica que levan todo o día traballando nas zonas de edificios derrubados na procura de posibles persoas vivas atrapadas en estruturas colapasadas, estamos expremendo os cans e os rescatadores na busca desas posibles vítimas.

As administracións rivais que gobernan Libia coinciden nunha cousa: os chamamentos á investigación. En Derna a rotura de dúas presas foi o que fixo desbordar o río que atravesa a cidade e a alagou case por completo. Agora cuestiónase se se ignorou a importancia de atopar contratistas que as arranxaran despois da guerra civil de 2011.

Nas Nacións Unidas din que a maioría das vítimas puideron evitarse de facérense as advertencias adecuadas e se se organizasen evacuacións. Derna é a cidade máis afectada, pero a catástrofe atravesa máis localidades do leste de Libia. Neste momento a cifra provisional de falecidos roza os sete mil, amais de dez mil desaparecidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos