A baixa produtividade, outra vez causa de debate, por María Loureiro
A baixa produtividade, outra vez causa de debate, por María Loureiro
Temos un sector empresarial moi atomizado, en que ao redor do 80 % das empresas en España teñen menos de catro traballadores
Hai un escaso nivel de I+D+I, pois acaba de caer en picado dende 2008
A pesar dos moitos avances rexistrados desde 1980, España segue tendo hoxe un nivel de produtividade considerablemente inferior ao dos seus veciños europeos.
Segundo datos recentes da Fundación de Estudos de Economía Aplicada (FEDEA), a produtividade por empregado entre 1985 e 2022 medrou nun 28 % en España, mentas que nas sete economías europeas máis avanzadas, case duplicou, medrando a un 54 %.
Isto significa que somos capaces de xerar menos riqueza e oportunidades que outros países da nosa contorna, algo que está a comprometer o desenvolvemento de todo o país e que explica en certa medida os menores salarios, as xornadas laborais máis longas e a baixa competitividade de moitas das nosas empresas.
A produtividade en termos xeráis mídese divindo o Produto Interior Bruto entre o número de horas traballadas. O resultado será o valor do producido no país por cada hora traballada. Loxicamente, para que este cómputo sexa preciso, debemos asegurarnos de que a economía somerxida é a mínima, á vez que temos ben medidas as horas de traballo por persoa ocupada.
Un informe recente do Banco de España indica que o crecemento da produtividade en España foi moi lento nos últimos 20 anos e moi inferior ao rexistrado na Eurozona e noutras economías de referencia.
O devandito informe, asinado por Angel Gabilán, indica que a baixa produtividade non é un problema en si senón un síntoma dos problemas da nosa economía. Para empezar, contamos cun sector empresarial moi atomizado, en que ao redor do 80 % das empresas en España teñen menos de catro traballadores.
Á súa vez temos un escaso nivel de I+D+I, pois cae en picado dende 2008 ata anos recentes, mentres que en moitos países da contorna seguiu medrando nos últimos 15 anos, cousa que actualmente implica que está moi por debaixo dos veciños europeos, e un investimento en educación tamén por debaixo do recomendado. Todo isto contribúe a un capital humano e tecnolóxico un tanto absoluto segundo en que rama.
Envellecemento demográfico
E por se todo o anterior fora pouco, o envellecemento demográfico que terá lugar nas próximas décadas podería agravar esta situación. Estímase que, de aquí a mediados de século, a poboación española de entre 16 e 64 anos podería reducirse en 3,7 millóns e situarse por baixo dos 27 millóns (niveis de 1996); mesmo se se logran melloras na taxa de natalidade e se integran centos de miles de inmigrantes cada ano.
En ausencia de melloras de produtividade, esta contracción da forza laboral podería facer que a nosa economía se estancase entre 2023 e 2050, cun crecemento anual do PIB de entre o 0,3 % e 1,1 %, moi inferior ao 2 % que tivemos entre 1996 e 2019, que nos afastaría aínda máis dos países avanzados de Europa.
Medidas correctoras
As solucions veñen a ser o que se chaman políticas estructurais a medio-longo prazo, onde se intente modernizar o sistema produtivo español e se apoie a pequena-mediana empresa no reto da dixitalización e internacionalización, pois precisamente é a pequena-mediana empresa a que menos se está a beneficiar do acceso ás canles dixitais e as posibilidades que se xeran de negocio en liña.
Por outra banda, o sistema educativo tamén terá que ofrecer formación e educación máis acorde ás necesidades empresariais. Isto último require cambios no mapa de títulos académicos, tanto na ensinanza profesional, coma na universitaria, que xa se está orientando máis ás necesidades empresariais.
Tamén se require un aumento no financiamento do I+D+I empresarial, e sobre todo fai imperativo o bo uso dos fondos Next Generation, que teñen precisamente por obxectivo a reindustrialización da UE dotándoa dun sector empresarial moderno, ambientalmente moi pouco contaminante e moito máis dixitalizada e internacionalizada.
De conseguírense, os beneficios para o noso país serán múltiples. Por unha banda, será un motor de crecemento e atracción de investimento e talento importante, o cal dende logo é moi importante en calquera contexto. Pero especialmente, e como xa mencionamos, importante nun contexto caracterizado por baixa natalidade, e cun retiro masivo do que se chaman os baby boomers.
A baixa produtividade tampouco é boa para o noso xa presionado sistema de pensións, polo cal haberá que poñer solucións urxentes, se non queremos que as prestacións do retiro tamén sufran.
Teremos logo que apostar de forma decidida e contundente pola educación (desde o nacemento ata a senectude), multiplicar os seus esforzos en I+D, acelerar a modernización do tecido produtivo aproveitando as oportunidades da dixitalización e a transición ecolóxica dos fondos Next Generation, fomentar o crecemento das súas pequenas e medianas empresas, reducir ao máximo as distorsiones xeradas polas trabas administrativas e atallar con éxito o problema da economía somerxida.
E todo isto, ademais, canto antes, porque o tempo aprema… Así que, temos moitos deberes para comenzar o verán.