Publicador de contidos
Publicador de contidos

A banca bate récords no 2023, cuns beneficios de 26.088 millóns pola alza dos tipos

A banca bate récords no 2023, cuns beneficios de 26.088 millóns pola alza dos tipos

Os máximos responsables amosáronse confiados de que o 2024 será aínda mellor

 

G24.gal 02/02/2024 16:19

Os cinco grandes bancos españois, Santander, BBVA, CaixaBank, Sabadell e Bankinter, gañaron en conxunto no 2023, a cifra récord de 26.088 millóns de euros. Isto supón un 27,2% máis que un ano antes, principalmente polo aumento dos ingresos tras a alza dos tipos de xuro.

Estes resultados serían aínda maiores sen o imposto extraordinario á banca aprobado polo Goberno que, a pesar de estar recorrido, obrigoulles a pagar máis de 1.000 millóns no ano. CaixaBank desembolsou un total de 373 millóns; BBVA, 225 millóns; Santander, 224 millóns; Sabadell, 157 millóns, e Bankinter, 77 millóns

Lonxe de ser un ano puntualmente excepcional, os máximos responsables destas entidades amosáronse plenamente confiados de que o 2024 será aínda mellor e serán capaces de pulverizar novos récords, tanto en resultados como en rendibilidade.

Unha vez coñecidos estes datos, os sindicatos CCOO, UXT e FINE, que seguen pedindo un incremento salarial de entre o 17 e 0 23% en 3 anos, animan aos traballadores a manifestarse en Madrid o vindeiro 8 de febreiro. O motivo desta, loitar "ante o inmobilismo" das patronais nas mesas de negociación dos convenios, e tamén a secundar un paro de dúas horas o 26 de febreiro.

De non haber avances, advirten que haberá folga de 24 horas o 22 de marzo.

Como adoita ser o habitual, o Banco Santander obtivo os maiores beneficios do sector, case 11.100 millóns de euros, un 15,3 % máis, animado polo tirón dos ingresos de Europa, que compensaron esta vez o menor dinamismo de América Latina.

Seguido de BBVA, con máis de 8.000 millóns de euros de beneficios por primeira vez na súa historia, un 26,1 % máis.

Sen as críticas de anteriores ocasións por parte de membros do Goberno sobre os "escandalosos" beneficios, tanto Botín como Torres rexeitaron o imposto específico á banca e insistiron na necesidade de entender a importancia de que as empresas obteñan bos resultados.

Por orde de beneficios, o terceiro posto ocúpao cunha diversificación internacional máis limitada, CaixaBank. A entidade participada polo Estado tras a absorción de Bankia, gañou 4.816 millóns en 2023, un 53,9 % máis, segundo comunicou este mesmo xoves.

Un día antes, o Banco Sabadell desvelara as súas contas, cun beneficio nunca visto de 1.332 millóns en 2023, un 55,1 % máis que un antes, grazas á suba dos tipos, pero tamén á mellor evolución da súa filial británica, TSB.

Bankinter, pola súa banda, gañou 845 millóns, un 51 % máis, unha nova marca para a entidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade