Cargando resultados...
A borrasca que atravesa Galicia dará paso a un domingo de ceo despexado e calor
A borrasca que atravesa Galicia dará paso a un domingo de ceo despexado e calor
Trae unha fronte asociada que vai deixar chuvias en toda a comunidade, antes de desprazarse cara ao sueste peninsular
G24.gal
11/10/2024 14:50
Estamos baixo a influencia dunha nova borrasca, a terceira no que vai de semana.
Trae unha fronte asociada que vai deixar chuvia en toda a comunidade, antes de desprazarse cara ao sueste peninsular.
Carlos Otero, meteorólogo de Meteogalicia, concreta que "vai haber chuvia máis persistente na fachada atlántica e co paso da fronte quedamos con chuvia intermitente que irá remitindo ao longo do sábado".
Xa para o domingo fala de estabilidade. Con ceo despexado e temperaturas en ascenso ata os 25 graos. Mesmo poden superarse na provincia de Ourense.