Cargando resultados...
A BRILAT adestrará soldados ucraínos en Pontevedra
A BRILAT adestrará soldados ucraínos en Pontevedra
Súmase así á Misión de Asistencia Militar da Unión Europea en Apoio á Ucraína
G24.gal
04/03/2023 13:51
Nos próximos días máis de 500 militares ucraínos chegarán a España para recibir formación militar. Repartiranse en seis localidades, unha delas Pontevedra.
O Ministerio de Defensa informa de que a base da Brigada de infantería Lixeira axudará os militares ucraínos a perfeccionar técnicas de combate.
Deste xeito, a base Xeneral Morillo de Pontevedra súmase ás de Zaragoza e Toledo onde, na actualidade, recibe formación o último continxente de soldados enviados por Kíiv.
Do que farán os membros da Brilat, o único que transcendeu é que contribuirán á formación dos mandos das tropas ucraínas en diferentes facetas do combate.