Publicador de contidos
Publicador de contidos

A caída das compras de alugadores lastra os resultados das matriculacións en maio

A caída das compras de alugadores lastra os resultados das matriculacións en maio

As matriculacións para particulares e empresas creceron 4,3 % e 3,3 %, respectivamente mentres que as de alugadores baixaron o 41,4 %

En Galicia as matriculacións foron un 2 % inferiores a maio do ano pasado. No conxunto de España caeron o 10,9 %
G24.gal 02/06/2022 07:57

En maio matriculáronse en España preto de 85.000 turismos e todo terreo. Isto é case un 11 % menos ca en 2001, debido aos condicionantes económicos e a crise dos microchips que impide atender toda a demanda.

Mentres as compras de alugadores seguen a caer fortemente, as de particulares e empresas rexistraron aumentos que valoran desde a patronal Anfac.

"Esta melloría que coloca o mes de maio no mellor rexistro do ano pode reflectir un interese crecente por parte dos compradores, que a pesar do contexto económico e internacional están a retomar as compras de vehículos. Haberá que agardar a evolución dos próximos meses para determinar se é unha situación puntual ou un primeiro sinal da recuperación da demanda", di o voceiro de Anfac.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade