A caída de Deutsche Bank arrastra toda a banca
A caída de Deutsche Bank arrastra toda a banca
Descenso de máis do 10 % do Deutsche Bank tras anunciar que amortiza débeda subordinada antes do seu vencemento
Os grandes bancos europeos rexistran outra xornada de avultadas caídas na arrastrados polo descenso de máis do 10 % do Deutsche Bank tras anunciar que amortiza débeda subordinada antes do seu vencemento.
A media xornada os títulos da entidade alemá perden o 13,3 %, a maior caída entre os grandes bancos europeos, e o tamén alemán Commerzbank baixa un 8,4 %.
A caída do Deutsche Bank produciuse despois de que a entidade anunciara que planea amortizar 1.500 millóns de dólares de débeda subordinada o 24 de maio, antes do seu vencemento en 2028.
O banco asegurou que conta con "todas as aprobacións regulamentarias requiridas" para esa decisión, pero esta causou un fondo impacto no sector bancario, que entrou en números vermellos tras coñecerse.
Efecto dominó
Á mesma hora, as accións dos italianos Intesa e Unicredit perdían o 3,77 % e o 4,79 %, respectivamente, as de Nordea (Noruega), o 9,7 %; e as do holandés ING, o 4,7 %.
BNP Paribas e Société Générale, ambos de Francia, caían o 6,7 % e o 8 %.
En España, os dous grandes, o Santander e o BBVA, baixaron o 4,8 % e o 5 %, respectivamente; CaixaBank, o 3,7 %; o Sabadell, o 6,8 %; Bankinter, o 5,5 %; e Unicaja, o 5,4 %.
Algúns medios apuntan que desde onte á noite subiron con forza os indicadores sobre o risco de falta de pagamento de débeda subordinada do Deutsche Bank, os denominados CDS (credit default swap).