Publicador de contidos
Publicador de contidos

A caída dunha árbore deixa sen auga os veciños de Monforte

A caída dunha árbore deixa sen auga os veciños de Monforte

A planta potabilizadora que abastece o concello quedou sen subministración eléctrica por mor da avaría 

G24.gal 27/02/2024 15:44

A caída dunha árbore sobre o tendido eléctrico que dá servizo á planta potabilizadora de Monforte deixou sen auga ás parroquias do concello.  Segundo o informou o concello a caída da árbore deixou sen abastecemento de enerxía á planta potabilizadora para o seu correcto funcionamento.

A empresa Aqualia, concesionaria da subministración de auga en Monforte, requiriu a Unión Fenosa-Naturgy a instalación e utilización dun xerador para restablecer a subministración eléctrica da planta potabilizadora. Ese xerador, que xa está en funcionamento, empregarase mentres duren os traballos de reparación da liña que están a levar a cabo operarios de Unión Fenosa-Naturgy.

O Concello de Monforte espera que a subministración quede restablecida “canto antes para que a potabilizadora recupere o seu funcionamento con normalidade”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos