Publicador de contidos
Publicador de contidos

A calor do verán adianta o inicio da vendima na Ribeira Sacra

A calor do verán adianta o inicio da vendima na Ribeira Sacra

Os produtores desta denominación de orixe son optimistas e subliñan que finalmente o mildio non provocou tantos estragos como temían

A vendima comezou sobre todo pola uva branca, moi madura polos efectos da calor do verán
G24.gal 25/08/2023 14:45

Aínda non hai data oficial para o inicio da vendima na Ribeira Sacra, pero algúns viticultores recollen xa as primeiras uvas. Sobre todo as brancas, moi maduras xa pola calor deste verán.

Os produtores desta denominación de orixe son optimistas e suliñan que finalmente o mildio non provocou tantos estragos como temían. De feito agardan que a colleita desta campaña sexa mellor ca a de anos anteriores.

Na denominación de orixe agardan que este ano Ribeira Sacra supere os seis millóns de quilos de uva do ano pasado, e de feito confían en que sexa unha das mellores campañas da historia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade