Publicador de contidos
Publicador de contidos

A campaña de Nadal preséntase cunha baixada xeneralizada da contratación de máis dun 17 % respecto ao ano pasado

A campaña de Nadal preséntase cunha baixada xeneralizada da contratación de máis dun 17 % respecto ao ano pasado

O comercio é o sector que máis acusa a caída da contratación, con case un 30 por cento menos ca o ano pasado

Pola contra, a hostalería é o único sector que sobe na contratación de persoal para este Nadal, e faino nun 12,4 por cento

G24.gal 23/11/2022 14:42

Coa chegada do Nadal as empresas reforzan o seu persoal para facer fronte ao incremento das vendas. Este ano non será así, o aumento dos custos e a inflación frean o consumo e redúcense as contratacións. 

O comercio é o sector que máis acusa a caída da contratación, con case un 30 por cento menos. Segundo as previsións, este ano recortaremos o gasto.

As previsións son mellores no sector da loxística, que asinará máis de 190.000 contratos, sobre todo polo auxe das vendas en liña. Con todo, crece, pero faino un 20 por cento menos que o ano pasado.

Pola contra, a hostalería é o único sector que sobe na contratación de persoal para este Nadal, e faino nun 12,4 por cento. 

Está previsto que xe xeren algo máis de 400.000 contratos, un 17 por cento menos que na última campaña de Nadal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade