Publicador de contidos
Publicador de contidos

A campaña de rebaixas suporá a creación en Galicia de case 10.000 contratos de traballo

A campaña de rebaixas suporá a creación en Galicia de case 10.000 contratos de traballo

Por provincias, Pontevedra e A Coruña suman a gran maioría dos contratos para a tempada

G24.gal 03/01/2022 09:57

A campaña de rebaixas suporá a creación en Galicia de 9.850 contratos, un 7,7 % máis que o pasado e similares ás cifras da última campaña prepandémica, segundo sinala un informe elaborado por Adecco.

A previsión da compañía de recursos humanos sitúa a Galicia como a sexta comunidade autónoma onde se esperan máis contratos para a campaña de rebaixas deste ano, que estará marcada polo auxe do comercio electrónico e a sexta onda da pandemia.  

Por provincias, Pontevedra e A Coruña suman a inmensa maioría dos contratos para a tempada, con 5.740 e 3.040, respectivamente. Por contra, para Ourense espéranse 550 contratos  e outros 500 para Lugo.   

Os perfís máis demandados para esta campaña son os de dependentes, promotores, comerciais, teleoperadores e azafatas. Ademais, Adecco destaca a demanda asociada ao auxe do comercio en liña, que aumenta a procura de traballadores de preparación e distribución de pedidos, como empaquetadores, mozos, carretilleiros e os denominados "traballadores da última milla".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar