As rebaixas de verán chegan con descontos de ata o 60 %
As rebaixas de verán chegan con descontos de ata o 60 %
A suba da inflación e o custo da vida poden ser un condicionante para a presente campaña, na que as grandes superficies seguen a marcar a pauta ao pequeno comercio
Chegou o verán e con el a esperada tempada de rebaixas, aínda que nos últimos anos foi desaparecendo unha data común para todo o comercio e cada firma marca o seu calendario.
A importancia dos períodos clásicos de rebaixas tamén se foi diluíndo co progresivo aumento doutras campañas de descontos ao longo do ano.
A suba da inflación e o custo da vida tamén poden ser un condicionante para a presente campaña, na que as grandes superficies seguen a marcar a pauta ao pequeno comercio.
"Fai tres, catro anos ou cinco os descontos que viamos nos comercios eran dun 20 %, dun 15 %, pero hoxe xa estamos nun 60 % ou nun 70 %. Isto é inasumible para o comercio tradicional pero non nos queda outro remedio que seguir esta senda que nos marcan as grandes superficies", di José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio.