A campaña para fomentar o consumo imnfantil de peixe chegou xa a 20.000 escolares
A campaña para fomentar o consumo imnfantil de peixe chegou xa a 20.000 escolares
'Fai clic no teu bocata' percorre os centros de ensino galegos para incluír peixes e mariscos nas dietas infantís
A actividade comezou coa parte teórica, con moita participación, moitas preguntas e moitas inquedanzas. Pero a práctica foi o que máis lle gustou ao alumnado do centro rural agrupado de Oroso. Divertíronse coa selección de produtos saudables, e sobre todo coa pesca.
Peixes e mariscos, dos que aprenderan ben todos os nutrientes: o fósforo, o calcio, o omega 3... "Sobre todo a alumnado infantil o xeito de chegar é ese, con xogo, con contos, e a idea é que os nenos que valoren a importancia de comer alimentos frescos e do mar. Onte tivemos a parte de alimentos frescos e quedou pendente unha vista a lonxa, e hoxe temos as conservas", explica Javier Rivas, director do colexio rural agrupado de Oroso.
Despois tocou a parte de degustación, non era obrigado, pero a aceptación foi moi boa e ata se fixeron ringleiras. A campaña que comezou en 2021 xa chegou a 20.000 nenos. É a continuidade doutra que chegou a máis de 70.000 rapaces.
"Esa primeira campaña xa tivera un premio da UE e pretendemos non só que os nenos se alimenten ben senón poñer en valor o produto do traballo dos nosos pescadores e as nosas mariscadoras", declarou Rosa Quintana, conselleira do Mar.
Subliñan que é importante que o traballo continúe agora na escola e tamén na casa.