Publicador de contidos
Publicador de contidos

A captura do oso volve encher o tradicional Entroido de Sande

A captura do oso volve encher o tradicional Entroido de Sande

É unha festa de valor etnográfico especial

Este domingo serán as bonitas as que desfilen

G24.gal 18/02/2023 20:23 Última actualización 18/02/2023 21:05

Rápida pero moi intensa. Así é a actuación do oso de Sande, no concello de Cartelle. Vai sementando a ledicia e o terror a partes iguais, mentres veciñanza e visitantes tratan de darlle captura.

O traxe está feito de pel de ovella e cabeza de latón e a súa presenza é o prato forte deste Entroido, un dos máis enxebres de Galicia. 

A captura do oso celébrase nas adegas de Mogos, un espazo único formado por construcións semisoterradas e nunha carballeira comunal.

Esta contorna e a propia figura do oso fan do Entroido de Sande unha festa de valor etnográfico especial, pero tamén aberta a elementos xa máis modernos. En todo caso, o importante é pasalo ben.

O Entroido de Sande continúa este domingo co desfile das bonitas, o luns terá lugar o folión e o martes desfilarán a vaca, as avetardas e o oso xa capturado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar