Publicador de contidos
Publicador de contidos

A casa do pai de Fidel Castro en Láncara convértese nun museo da emigración

A casa do pai de Fidel Castro en Láncara convértese nun museo da emigración

 Fidel Castro visitou a casa de seu pai en San Pedro de Armea en 1992 

A familia Castro cedeu a vivenda á Asociación Amistad y Solidaridad Láncara-Cuba 

O día da inauguración da Casa Láncara coincide co 30 aniversario da visita de Fidel Castro

G24.gal 28/07/2022 15:20

Ángel Castro Argiz naceu nesta casa de San Pedro de Armea en 1875. Despois de loitar como soldado coas tropas españolas na guerra de Cuba, volveu á illa como emigrante, coma tantos outros galegos. Na nova república independente dedicouse a cortar cana e chegou a ter unha facenda azucreira na que naceron e se criaron os seus fillos Fidel e Raúl Castro. 

Durante décadas, o fogar de orixe dos Castro en Armea foi unha das tantas casas abandonadas da Galicia rural. A visita do líder cubano en 1992 puxo o foco nesta construción tradicional da chaira luguesa que agora se transforma nun centro de interpretación da emigración galega a Cuba, conforme a cesión que fixeron os descendentes de Ángel Castro en 2018.

"Estou moi feliz de que se revivise o nome de meu pai" 

A rehabilitación mantivo a estrutura orixinal da vivenda. Transformou as cortes e o pendello en espazo de exposición e actividades e remarcou o contexto da época co mobiliario da lareira. A inauguración coincide co 30 aniversario da visita de Fidel Castro a Láncara, pero de momento aínda non hai unha data concreta para a súa apertura definitiva ao público. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade