Publicador de contidos
Publicador de contidos

A CEOE advirte da perda de empresas e de emprego nos primeiros meses do 2023

A CEOE advirte da perda de empresas e de emprego nos primeiros meses do 2023

Os empresarios piden un marco regulatorio flexible para poder crear emprego

G24.gal 28/03/2023 14:40

Camila decidiu abrir o seu propio negocio aproveitando un oco no mercado. As dificultades obrigan a botar contas cada mes.

 "Manterse é moi complicado. Os gastos que temos son moi grandes fronte ás vendas. Á parte, os gastos dos empregados".

O incremento dos custos están lastrando o tecido empresarial. Un informe da CEOE recolle que no que vai de ano preto de 17.000 empresas botaron o peche. E perdéronse outros tantos autónomos.

"Estase facendo insoportable para o colectivo. Se non podemos afrontar os gastos temos que pechar".

Din desde a patronal que a freada da economía que veñen apuntando todos os analistas se vai traducir a medio prazo nunha perda de empregos.

"O peor que se pode facer nunha situación económica coma esta que temos é precisamente subir impostos, subir cotizacións sociais, subir o custo da contratación laboral. Somos o único país da nosa contorna que está tomando estas medidas".


Os empresarios piden axudas para dinamizar o tecido empresarial.

"Financiamento, rebaixa de burocracia e certeza. Son necesarios para poder manter as nosas empresas".

 "Sobre todo, seguridade xurídica. É unha das cousas que o investimento e a economía non vai no camiño correcto si non se produce esa circunstancia".

Medidas para afrontar os retos que a empresa ten por diante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade