Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gandeiros galegos ven unha oportunidade na China ao levantar o veto á tenreira española

Gandeiros galegos ven unha oportunidade na China ao levantar o veto á tenreira española

O xigante asiático non mercaba este produto dende o ano 2000 para evitar a enfermidade das vacas tolas

A nova é moi celebrada entre os produtores que ven un novo horizonte para o seu comercio exterior

G24.gal 19/02/2024 14:16

Pablo ten 24 anos, os mesmos que durou o embargo chinés á carne de tenreira española. Agora el tomou a remuda da explotación familiar e ve no levantamento do veto un novo horizonte co que abrir mercado exterior e conseguir darlle máis valor ao seu produto.

"É unha moi boa noticia xa que se abren novas liñas de mercados. Tanto en España coma en Galicia temos moi boas razas cárnicas, é o caso da tenreira galega suprema, un produto de moita calidade que non dá chegado a acadar o valor que en realidade tería que ter", explica Pablo Fernández, gandeiro de Ternera Gallega Suprema.

Os produtores sinalan que coa calidade da carne galega, o éxito na China está asegurado. Agardan que comercializar coa segunda economía mundial achegará un importante beneficio ao sector gandeiro.

"O mercado chinés é un mercado moi interesante pola cantidade de poboación e porque son uns grandes consumidores de carne e para nós é unha boa noticia que se levante o veto", conta Laura Arias, secretaria executiva de ACRUGA.

O xigante asiático non compraba tenreira na Unión Europea dende o ano 2000 debido á crise das vacas tolas, pero nunca deixou de perder o interese e de manter contactos que agora se retoman.

"Hai unha delegación que estamos en contacto con ela para exportar carne á China, pero iso aínda leva un tempo, agora teñen que vir aquí aos matadoiros", sinala César Dorado, presidente de ACRUGA.

No caso da carne de porco, España é líder europeo na súa exportación e un dos seus principais mercados é A China. Ao país asiático van destinadas máis do 37 % das vendas de produtos cárnicos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade